AYUDAS - ESPAÑA: Axuda investimento empresarial superior a 500.000 €

Viernes, 16 Mayo, 2008

FINALIDADE / OBXECTIVO:

Favorecer a implantación de proxectos de investimento empresarial superior a 500.000 € para a creación de establecementos, ou ben en ampliación ou modernización de instalacións preexistentes.

SECTORES INCENTIVABLES:

a) A extracción, procesamento, transformación ou produción de minerais, produtos enerxéticos ou os seus derivados.

b) A industria.

c) Turismo: hoteis de 4 ou máis estrelas, balnearios e baños, podendo incluír instalacións complementarias; portos deportivos de acceso público.

d) Actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

e) Transporte e loxística.

f) Servizos de apoio industrial.

g) Tamén poderán ser incentivados, con especial consideración, os investimentos para a creación ou ampliación de centros de desenvolvemento, investigación, ensaios ou laboratorios, xunto con instalacións piloto de experimentación de novas tecnoloxías, vinculados ás empresas cuxa actividade principal sexa subvencionable ou aínda cando non sexa subvencionable, excepcionalmente e por acordo motivado, sempre que o interese estrátexico do proxecto así o aconselle. Será competente para ditar o dito acordo o director xeral, salvo para aqueles expedientes de axuda superior a 500.000 € que necesitarán acordo do Consello de Dirección do instituto.

Más información aquí